Percusión miúda
Madeira, son, oficio, Galiza.
Somos artesáns, deseñamos,
producimos e vendemos
instrumentos de percusión miúda
pero con gran ritmo.
A nosa paixón pola música
Inspirámonos na música de taberna, as foliadas, os 'seráns' e na música tradicional das festas galegas. O lado identitario da terra tamén nos define. A música tradicional sempre foi un campo onde a comunidade únese, e onde cada un atopa a maneira de expresarse e divertirse achegando o seu ritmo.
Queremos ser parte de todo iso, contigo.

Instrumentos inspirados na tradición,
deseñados e producidos
con espírito moderno, festivo e sostible
Cremos na beleza do artesanal, no valor dos materiais nobres e na responsabilidade co noso planeta. Por iso, cada un dos nosos instrumentos está feito no noso obradoiro, empregando madeiras duras recicladas e acabados de orixe vexetal e con certificación de produción ecolóxica.
Queremos que a música siga deixando cada vez máis pegadas nos corazóns e menos no ecosistema.
Destacados de Instrumentos de Troula
Coñece máis sobre os nosos produtos e filosofías de traballo.

Instrumentos de percusión
Fabricamos instrumentos de percusión de madeira que destacan polo seu son vibrante, beleza e construción artesanal.

Personalizamos
Ofrecemos a posibilidade de personalizar os instrumentos: gravamos logos, debuxos, nomes. O limite é a creatividade.

Innovación e deseño
Sempre tentamos conxugar historia, funcionalidade e deseño para crear pezas únicas e diferentes.

Paixón polo tradicional
Mantemos vivas e apoiamos as tradicións a través dos nosos instrumentos. Temos prezos especiais para asociacións e grupos de música tradicional.
Comprometidos
O noso compromiso coa nosa contorna e co medio ambiente é firme e total.

Materiais
Usamos as mellores madeiras posibles para cada un dos nosos instrumentos. Para garantir a sustentabilidade da nosa materia prima obtémola dunha fábrica de instrumentos reciclando pezas que doutra maneira serían refugadas, e así non xeramos máis demanda de madeiras exóticas. Sorteando e eliminando defectos encargámonos de crear as nosas pezas máis fermosas.

Acabados
Os produtos de acabado dos nosos instrumentos son sostibles. Usamos só aceites e ceras vexetais (tung, linaza e carnauba) e como disolvente un extracto de cascas de cítricos (limoeiro). A calidade do acabado é excelente sen deixar pegadas indesexadas no noso ecosistema.

Alternativas
Tamén cando temos que empregar alternativas non fraqueamos no noso compromiso: o material do caixón precisa un verniz axeitado, aínda que de síntese vén con certificado de produción ecolóxica e a base de auga.
