Os nosos instrumentos
pequenos, soprendentes, divertidos.

Non nos conformamos con replicar instrumentos, encántanos estudar, investigar, 

elaborar e tentar mellorar todo o que facemos. 

Os nosos instrumentos contan unha historia e vibran entre a calidez da tradición e a comodidade da modernidade.

Castañola de peito
xoias musicais
 

As nosas castañolas de peito poden considerarse verdadeiras pezas de xoiería musical. O seu deseño é ergonómico, elegante e equilibrado. Son tan bonitas que poden verse coma auténticos colgantes. Para elas tan só empregamos as mellores madeiras duras e así conseguimos que o seu son sexa sempre claro e cálido. Son perfectos para levalos sempre contigo, listo para sumarse ó ritmo co seu alegre repenique. Con esta xoia no colo sempre terás o ritmo a portada de man, xusto enriba do corazón.

Peitoque, castañuela de pecho, colgante.
Peitoque  madera amaranto
Peitoque Pau ferro
Peitoque Curupau



Culleres

percusión, coreografía, creatividade

As culleres son un instrumento un pouco esquecido da percusión tradicional.

 Coas nosas tentamos superar todas as posibles escusas que impiden a este fefrmoso instrumento ter un protagonismo ben merecido tanto polo seu agradable son coma polas súas posibilidades coreográficas, xa que podemolas tocar golpeándoas de tantas maneiras diferentes que facer música con elas pode achegarse a un verdadeiro baile.

 A elaboración feita cunha única peza de madeira maciza axuda a manter as culleres sempre á distancia ideal e fai imposible que se perda a aliñación das mesmas. Con isto podemos ter a certeza de que a cada golpe corresponderá o son esperado e sen fatiga. Só terás que concentrarte en segui-lo ritmo e buscar a maneira máis fermosa para facelo.

Cucharas musicales, music spoon
Tarrañolas

Tarrañolas

Instrumento atemporal de percusión. 


Hai que facerse coa técnica para que o seu repenique encha de ritmo o aire, pero unha vez aprendido, terás no teu peto un instrumento sempre listo para acompañarte.

 Elaborámolas cunha ampla variedade de madeiras. Dende as máis duras que dan un son máis seco e agudo, ata as máis brandas cun ton máis cálido e profundo.

 Se non estás seguro sobre cal se adapta mellor ás túas necesidades, non dubides en contactar connosco para que podamos axudarte na escolla.



Mini caixón flamenco

a percusión é diversión

Este instrumento representa a acta de nacemento da nosa aventura como luthiers, despois de quedar namorados polo mesmo nun festival, comezamos a investigar e construímos os primeiros dous para nosa mesma diversión e goce. 

Dende entón non paramos de darlle voltas ó marabilloso que era ter un instrumento compacto e portátil para ir de troula, festivais e celebracións.

 Acabamos tomando a decisión de facer as nosas versións dos mellores instrumentos de percusión ‘de peto’ que podiamos atopar.

 Este mini caixón permite achegar o ritmo cálido do sur a calquera estilo de música de maneira divertida e sorprendente, sen molestar co seu peso ou tamaño pode transportarse como bolso de bandoleira ou dentro da mochila coa cal o enviamos. 

No seu interior colocamos un bordón metálico axustable o cal permite ter sons diferenciados nos dous lados. A tapa que ten o bordón en contacto ofrece un son máis típico do estilo flamenco, ó bater o outro lado a vibración metálica case non se aprecia lembrando as sonoridades máis clásicas do caixón peruano.


 

Mini cajón

©Derechos de autor. Todos los derechos reservados.

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.